Asalto feminista do alumnado de Educación á rúa para abordar a construción de xénero

Diversos espazos simbólicos de Santiago acolleron as accións artísticas para "crear conciencia das moitas opresións e dominacións que sofren as mulleres".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da USC abordou a construción do xénero a través de diferentes performances na rúa desenvolvidas ao longo da mañá deste luns. Esta manifestación artística ten moitas liñas de acción pero, neste caso, o estudantado levou a cabo unha intervención urbana, creando así un asalto á rúa e procurando a comunicación entre espectador e actor.

Acción na rúa por parte das alumnas de Educación
Acción na rúa por parte das alumnas de Educación | Fonte: USC

O tema co que traballan as futuras docentes ten un carácter crítico e a principal motivación é provocar un impacto visual nos transeúntes. “O xénero están sendo actualmente un tema de debate, co que se busca xerar cambios para conseguir unha sociedade libre e igualitaria”, afirma o profesor e impulsor desta iniciativa, Jorge García Marín.

Partindo desta premisa, a postura do alumnado é feminista, "intentado crear conciencia das moitas opresións e dominacións que sofren as mulleres", continúa. Neste proxecto, cada grupo presenta unha perfomance cun guión conceptual diferente.

A Praza do Obradoiro acolleu as pezas ‘Volver a nacer’, ‘O encerro’ e ‘Otra más’. Na Praza da Quintana, tiveron lugar as performances ‘Nada es lo que parece’ e ‘Bodas de sangre’, mentres que a Rúa do Franco foi o lugar escollido para a peza ‘Unidas somos forza’. Finalmente, a obra ‘Visible, invisible’ desenvolveuse en República do Salvador.

As diferentes localizacións buscáronse para xerar un simbolismo entre o espazo físico

Captura dun momento da performance na Praza do Obradoiro
Captura dun momento da performance na Praza do Obradoiro | Fonte: USC

seleccionado, o espazo mental e a filosofía do discurso a desenvolver. As performances

continuarán o 26 de novembro ás 10.30 horas na Praza do Obradoiro e ás 11.30 horas,

na Alameda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta