Emma Pedreira, Carlos Busqued e Antonio Manzini, premios literarios 'San Clemente Rosalía-Abanca'

Foron recoñecidos nas categorías de galego, castelán e lingua estranxeira, respectivamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

As obras de Emma Pedreira, Carlos Busqued e Antonio Manzini foron recoñecidas polo xurado da XXV edición dos premios literarios 'San Clemente Rosalía-Abanca' nas categorías de galego, castelán e lingua estranxeira, respectivamente.

Fallo do Premio San Clemente Rosalía Abanca
Fallo do Premio San Clemente Rosalía Abanca | Fonte: Europa Press

A primeira galardoada foi 'Besta do seu sangue', de Edicións Xerais, na que Pedreira aborda unha revisión de xénero do mito da licantropía, a través do uso de diversos rexistros e multiplicidade de voces.

Busqued foi premiado, pola súa banda, coa súa obra 'Magnetizado' (Anagrama), pola importancia narrativa do asasino e a súa función para espertar diversos dilemas éticos en cada un dos lectores.

'7-7-2007' (Salamandra), de Manzini, foi escollida pola profundidade psicolóxica dos personaxes, sobre todo no caso do protagonistas, e o retrato social do espazo no transcorren os feitos, cargado de romanticismo, violencia e contradicións.

O xurado estivo composto por alumnos de diversos centros, como o propio IES Rosalía de Castro, o Ramón Cabanillas de Cambados, o Francisco Daviña Rey de Monforte, o Blanco Amor de Ourense, o Xelmírez II de Santiago, e o IES Pontepedriña da mesma cidade. Así mesmo, contouse coa participación doutros a nivel internacional, procedentes de Alemaña, Francia, Inglaterra, Estados Unidos, Portugal e Rusia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta