A frota sae faenar con "normalidade" pese ao aviso amarelo con ondas de ata cinco metros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

A frota galega saíu faenar con "normalidade" nesta xornada de xoves, pese ao aviso amarelo que afecta a todo o litoral con mar de fondo e ondas de ata cinco metros. Tanto a confraría de Carril, en Vilagarcía, como a de Burela trasladou a Europa Press que a frota puido traballar xa que "non fai tan malo".

Con todo, o vicepatrón maior da confraría de Sada, José Luís Blanco, explicou que a frota puido saír de madrugada pero volveu "pronto" debido ao tempo. Segundo informa Meteogalicia, o aviso amarelo por ondada afecta a todo o litoral galego entre as 00,00 e as 21,00 horas deste xoves, 21 de novembro.

Frota galega amarrada
Frota galega amarrada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta