O fiscal de Seguridade Viaria pide "un maior esforzo" para o control do alcol e drogas

A Fiscalía promoverá nas catro provincias galegas mesas de coordinación no ámbito educativo.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/11/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O fiscal de sala coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomeu Vargas, reclamou "un maior esforzo" no ámbito urbano para o control do consumo de alcol e drogas nos condutores, ademais de considerar necesario incrementar o uso de radares por parte dos policías locais.

Fíxoo tras unha reunión sobre seguridade viaria celebrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), coa presenza de fiscais e responsables de Tráfico desta comunidade autónoma na que se tratou este asunto, ademais da creación, a nivel provincial, de mesas de coordinación dos recursos educativos nesta materia.

"Con colexios, con universidades e coa presenza da Terceira Idade", dixo tamén ao asegurar que se trata dun proxecto de educación "global" que busca promover a achega da Fiscalía neste ámbito no catro provincias galelgas.

Bartolomeu Vargas, que coincidindo coa súa presenza na Coruña participará nun encontro iberoamericano de seguridade viaria, promovido pola Confederación Nacional de Autoescolas, apelou tamén ao papel "central" destas academias para promover unha educación en seguridade viaria.

MÁIS RADARES EN CIDADES

Desde o ámbito policial, e centrado nas cidades, incidiu na importancia de que os policías locais conten con radares para o control do exceso de velocidade. "Fai falta un maior compromiso para que teñan máis radares", apuntou a este respecto.

Xunto a iso, reclamou "un maior esforzo" nas urbes dos controis centrados no consumo de alcol e drogas. "Hai certa vanalización do consumo do cannabis en certo segmento da poboación, pero na condución é letal", apostilou.

Mentres, remarcou a importancia de que se destinen máis recursos para a atención das vítimas de accidentes de tráfico. "Son poucos os recursos, aquí pódense facer máis cousas", insistiu o fiscal, quen explicou que desde a área de Seguridade Viaria traballan para que estas vítimas "sexan ouvidas polas institucións". En todos estes ámbitos, segundo explicou, traballarase desde a Fiscalía Galega, do mesmo xeito que no resto do Estado.

Pola súa banda, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, lembrou que en 2018 houbo nesta Comunidade 5.386 delitos incoados nos xulgados nesta materia (+ 1,7%), 5.386 cualificacións fiscais (+18,66%) e 5.346 delitos sentenciados (-5,31%). Dos delitos contra seguridade viaria, expuxo que o 60,75% estiveron relacionados con consumo de alcol e drogas e outro 35,8% coa condución sen carné.

Accidente en Ferrol. POLICÍA LOCAL - Arquivo
Accidente en Ferrol. POLICÍA LOCAL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta