O alcalde de Fene, condenado a 8 meses sen carné por triplicar a taxa de alcol

Tras someterse a un xuízo rápido foi condenado a unha multa de 600 euros e oito meses de retirada do permiso.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 25/11/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego (PP), foi condenado a unha multa de 600 euros e a retirada do permiso de conducir durante oito meses tras ser sorprendido cando conducía triplicando a taxa de alcoholemia permitida.

En concreto, o rexedor foi interceptado nun control na N-651 situado nas inmediacións do centro urbano, sobre as 23,30 horas do pasado 10 de novembro, xornada na que se celebraron as eleccións xerais.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, foi entón cando se lle reclamou ao alcalde que se sometese á proba de alcoholemia, que arroxou un resultado de 0,80 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Por iso, foi proposto para un xuízo rápido.

Dous días máis tarde, o 12 de novembro, celebrouse a vista na que o xuíz condenou Gumersindo Galego cunha multa de 600 euros e a privación do permiso de conducir durante oito meses.

Algunhas fontes consultadas por Europa Press trasladaron que esta situación colleu por sorpresa ao rexedor, xa que xunto a el viaxaba de copiloto a súa esposa, e que decidiu porse ao volante ao estimar que a cantidade de alcol que consumira era mínima.

Galego viaxaba cara ao seu domicilio tras permanecer no local do Partido Popular de Fene, logo da xornada electoral, e tras reunirse con afiliados e simpatizantes que estivera durante todo o día nos distintos colexios electorais.

Gumersindo Galego, canda Alberto Núñez Feijóo
Gumersindo Galego, canda Alberto Núñez Feijóo | Fonte: PP.

BAIXA DO PARTIDO

O PP da Coruña informou de que o alcalde de Fene pediu a baixa do partido. En concreto, o rexedor foi interceptado nun control na N-651 situado nas inmediacións do centro urbano, sobre as 23,30 horas do pasado 10 de novembro, xornada na que se celebraron as eleccións xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta