Pedro Puy di que Vox "está no lado oposto" ao PP nas políticas contra a violencia de xénero

O portavoz parlamentario do PPdeG restou importancia a que determinadas institucións do Estado non aprobasen declaracións institucionais con motivo do Día contra a violencia de xénero pola postura contraria de Vox.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2019 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que, no referente ás políticas contra a violencia de xénero, o seu partido "está no lado oposto" a Vox, unha formación que "non entende, contra o consenso internacional e fronte ao sentido común e a realidade, que existe unha violencia cara ás mulleres".

Así o indicou Pedro Puy a preguntas dos medios na rolda de prensa posterior posterior á xunta de portavoces celebrada este martes na Cámara galega.

"Eu teño claro que é Vox, e creo que Feijóo tamén", manifestou o portavoz dos populares no Parlamento de Galicia, que restou importancia a que determinadas institucións do Estado non aprobasen declaracións institucionais con motivo do Día contra a violencia de xénero pola postura contraria de Vox.

"As declaracións institucionais son un instrumento excepcional que require o acordo unánime de todos", apuntou Puy, que lembrou que o Parlamento galego non aprobou unha declaración institucional polo 25N.

"Aquí non está Vox e non a houbo", apostilou o portavoz, que puxo o foco en que, a pesar diso, se produciron cinco acordos unánimes na Cámara galega en asuntos relacionados coa igualdade.

"Dito isto, o que nos confirma é que (Vox) é un grupo político que non entende, fronte a todo o consenso internacional e fronte ao sentido común e a realidade, que existe unha violencia cara ás mulleres", subliñou.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Preguntoiro

¿Consenso internacional? No entiende que el consenso político no existe en la sociedad; que 3,6 millones de españoles no están con el consenso progre que defienden Puy y Feijoo. Vox es un partido de derechas. El PPdeG pugna con la izquierda y progresía en ser los más avanzados a la hora de llevar adelante la ideología de sus antagonistas ¿Es masón Pedro Puy?

1 Sentidiño

Masón, xudeu e comunista! 😁 Anda, vai mandar chover, que fai falta auga...

2 Preguntoiro

¿Eso quiere decir que sí? Francis Franco relacionó de forma velada a Feijoo con la masonería. Como el think tank del PPdeG es Pedro Puy, no me extrañaría nada que fuese masón. Y menos trivializar a la masonería, por favor. Constituyen un fraude a la soberanía nacional, que reside en todos los españoles, no en un grupo de amiguiños que colocan a sus peones en puestos de mando, para hacer política en fraude a la soberanía nacional.