Intoxicados tres membros dunha familia na Illa de Arousa pola posible mala combustión dunha caldeira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Tres membros dunha mesma familia presentaron na madrugada deste venres síntomas de intoxicación polo gas desprendido por unha caldeira, posiblemente por mor da súa mala combustión, no municipio da Illa de Arousa (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o tres afectados, tras apreciar os síntomas, acudiron polos seus propios medios ao Hospital do Salnés. De feito, sobre as 3,00 horas deste venres, os mesmos sanitarios deste centro avisaron dos feitos ao servizo de emerxencias.

Así, indicaron que os afectados residen nun edificio de tres plantas situado na Rúa de Ribeira do Chazo, na Illa, e cabía a posibilidade de que houbese máis persoas afectadas, posto que, todo o edificio abastecíase do mesmo gas.

Por iso, o 112 Galicia avisou de inmediato aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tamén alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece ao edificio.

MEDICIÓNS NEGATIVAS

Unha vez no punto e tras facer as correspondentes medicións no resto das vivendas, que deron negativas, os bombeiros confirmaron que ningún outro veciño había resultado afectado, polo que procederon a ventilar o edificio.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta