Rego di que o futuro de Endesa forma parte "do proceso de negociación" para apoiar a Pedro Sánchez

"Estamos ocupados e preocupados pola solución que debe de ter a crise de Endesa", dixo o deputado nacionalista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Nestor Rego, reivindicou o "compromiso" da súa formación coa a resolución da "crise" de Endesa e asegurou que a solución a este conflito forma parte "do proceso de diálogo e negociación" para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno.

Rego desprazouse este venres ás Pontes de García Rodríguez (A Coruña), en compañía do deputado Xosé Luís Rivas e a portavoz do grupo municipal de BNG neste Concello, Silvia Pardo tras o anuncio da empresa eléctrica de que cesará a súa actividade con carbón na térmica antes do 2023. Alí mantiveron un encontro co 'comité de crise', formado por grupos políticos, sindicatos, comité de Endesa, empresarios, comerciantes e transportistas.

"Estamos ocupados e preocupados pola solución que debe de ter a crise de Endesa", insistiu, á vez que asegurou que o Goberno "non pode autorizar un cesamento da actividade sen que previamente haxa un plan alternativo e a garantía suficiente, tanto desde o punto de visto político e económico, de que ese plan pode ser executado".

O deputado nacionalista asegurou que incorporaron a ese "proceso de diálogo e negociación" co PSOE de cara á conformación dun novo Goberno. "Esperamos que poida haber unha alternativa e unha solución", sinalou, apostando por un proceso de viabilidade que debería de saír da convocatoria da mesa de traballo na que están presentes administracións, empresa e axentes sociais.

Reunión de Néstor Rego nas Pontes.
Reunión de Néstor Rego nas Pontes. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta