Endesa traslada aos traballadores que o uso de biocombustibles "non é viable economicamente"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Luís Varela (UXT), sinalou que os directivos da compañía trasladáronlles que o uso de biocombustibles nesta central "non é viable economicamente, aínda que si tecnicamente".

Central térmica das Pontes (A Coruña)
Central térmica das Pontes (A Coruña) | Fonte: Endesa.

Así o fixeron nunha reunión que mantiveron a parte social e empresarial este venres, referida a un informe que realizou a propia compañía e do que "xa deu traslado tanto á Xunta como ao Concello das Pontes".

"Os números non lles dan, aínda que tecnicamente si que é viable", apuntou o representante sindical, quen engadiu que a empresa cre que, "economicamente, esta alternativa non ten o percorrido que debería de ter, xa que esta é unha industria creada para queimar carbón". No apartado técnico, trasladaron que coa modificación dalgúns parámetros "todo pode ser corrixible".

"Estimamos que se cadra á empresa esta opción non lle reporta o beneficio que queren, pero entendemos que socialmente, alguén, as administracións públicas, terán que valorar un plan social destes novos biocombustibles que temos no mercado e que as novas directivas europeas non os deixará utilizar como abonos, e que para nós sería un combustible ideal", en alusión aos lodos de depuradoras que foron empregados, entre outros, nos devanditos ensaios, ademais de bagazo de oliva, un produto obtido tras a produción do aceite, e biomasa de madeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta