Convocadas esta fin de semana máis de 2.000 persoas para cubrir 50 postos para funcionario da Xunta

As probas celebraranse en Silleda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Un total de 2.112 persoas están chamadas a participar este fin de semana nos oito procesos selectivos da Xunta de Galicia que se celebran no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra).

Por unha banda, os exames para cubrir oito prazas da escala de enxeñaría técnica forestal (A2), para o que están convocados 425 aspirantes; por outro, a proba para o acceso a oito vacantes da escala de enxeñaría técnica agrícola (A2), con 354 persoas admitidas; e finalmente, as correspondentes á cobertura de cinco postos na escala de enxeñaría técnica de obras públicas (A2), con 126 aspirantes admitidos.

A continuación, ás 16,00 horas será a quenda da escala de enxeñeiros de camiños (A1), no que están chamadas a participar 204 persoas para cubrir nove vacantes; da escala de enxeñeiros de montes (A1), na que se convocaron oito, con 184 aspirantes admitidos; a de informática (A1), con 168 aspirantes para catro postos; e finalmente, a de enxeñeiros agrónomos, na que están chamadas a participar 143 persoas para cubrir seis vacantes.

DISCAPACIDADE INTELECTUAL

En canto ao domingo, ás 10,00 horas da mañá será a quenda da agrupación profesional de subalterno para cubrir un total de 24 prazas reservadas especificamente para as persoas con discapacidade intelectual.

Os exames deste domingo son os segundos que desenvolve a Xunta de Galicia dirixidos exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual. Respecto ao proceso anterior para o ingreso na categoría de ordenanza --no que foran admitidas un total de 429 persoas-- a convocatoria actual supón un aumento dun 18%.

Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta