A Audiencia da Coruña xulga a un interno de Teixeiro e a súa parella por introducir droga no cárcere

Por E.P. | CORUÑA, A | 01/12/2019 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o luns o xuízo contra un interno da prisión de Teixeiro e contra a súa parella despois de que, presuntamente, ela lle entregara droga durante unha visita ao cárcere, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Por un delito contra a saúde pública, a Fiscalía solicita cinco anos e medio de cárcere para a muller. Tamén demanda a mesma pena para o interno. Segundo o escrito de cualificación fiscal, os feitos producíronse entre as 17,15 e as 19,15 horas do 6 de xuño de 2017 cando o acusado recibiu a visita da súa compañeira sentimental.

Nela, a muller, sostén o Ministerio Público, entregou á súa parella diversas sustancias que o home escondeu entre a súa roupa e no seu corpo co propósito de introducilas no cárcere para a súa venda. A droga alcanzaría un prezo duns 439 euros.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta