A conselleira de Infraestruturas advirte que o AVE chegará "con atrasos e recortes" a Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, advirte que o AVE chegará a Galicia "con atrasos e recortes". Segundo a información que manexa "será dunha soa vía e non estará en servizo ata 2021.

Así o manifestou a responsable deste departamento nunha entrevista na Cadea Ser este domingo, recollida por Europa Press. Na mesma apuntou que a súa preocupación non son só "os atrasos" senón tamén "os recortes". Segundo a súa información, "oxalá non sexa certa" engadiu, a dobre vía "quedaría para máis adiante". "Unicamente estanse centrando os esforzos na vía dereita, aquí falamos de que no canto dunha autovía están a facer unha estrada", criticou.

Ethel Vázquez tamén cargou contra o Goberno Central ao dicir que, unha vez pasadas as eleccións, a Administración nacional debe dignarse a "dar unha explicación oficial" á Xunta sobre o motivo de non convidar o Goberno galego ás visitas das obras. En todo caso, a conselleira afirmou que "a realidade é que as obras non van en prazo" pero espera poder subirse ao tren en 2021, "non máis tarde".

Visita de Ethel Vázquez a Ourense
Visita de Ethel Vázquez a Ourense | Fonte: E

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta