Día da Constitución: Pontón reclama o dereito dos pobos a cambias as leis e chama a Vox "aborto do PP"

Feijóo apela a "abrazar a Constitución": "Un goberno que non a acepte será letal". Anova, pola súa banda, urxe abordar "política e socialmente" a "fase de crise terminal" en que ve a Carta Marga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2019 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou o "dereito" de pobos e cidadáns a cambiar as leis, incluída a Constitución, neste día en que se celebra o 41 aniversario da Carta Magna. Ademais, nun acto para visualizar as súas críticas ao texto, referiuse a a actual situación política e chamou a Vox "aborto do PP".

Este venres, numerosos cargos do Bloque participaron en Santiago na realización dunha cadea humana ao redor do Museo do Pobo Galego, como acto simbólico en defensa da autodeterminación.

Nunha intervención posterior, Pontón criticou a Constitución por considerala un marco "esgotado" e que non serviu para solucionar os problemas de Galicia. Engadiu que é un texto "dos privilexios duns poucos", entre os que incluíu á dinastía borbónica, unha institución "carca, antidemocrática e machista".

Por outra banda, a portavoz nacionalista mostrou a súa preocupación ante a extrema dereita e destacou que non "debe sorprender" que a dereita pacte con Vox, porque "non é máis que un aborto do Partido Popular".

Acto simbólico do BNG no aniversario da Constitución
Acto simbólico do BNG no aniversario da Constitución

FEIJÓO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que "se está aínda a tempo de tentar conseguir gobernos entre partidos constitucionalistas", fronte a un "que non acepte a Constitución" e que na súa opinión será "letal para os intereses de España".

Así se pronunciou o líder do PP galego, este venres en Madrid a preguntas dos xornalistas durante o acto de celebración do aniversario da Carta Magna no Congreso dos Deputados, un texto que reivindicou por estar, ao seu xuízo, "en plena madurez".

Feijóo fixo un chamamento posto que "hoxe máis que nunca convén" desde o seu punto de vista "darlle un abrazo á Constitución", ás portas de tentar formar un novo Goberno en España.

Segundo a súa análise, "calquera proposta que saia do Goberno con partidos políticos que non aceptan a Constitución ou que, como eles din, a aceptan exclusivamente por imperativo legal, será un Goberno de máximo risco de España". Pola contra, confrontou que "calquera Goberno que saia dun pacto constitucional será un Goberno útil para os cidadáns, para as familias, para os traballadores e para a economía do país".

"Hoxe máis que nunca convén lembrar que todos os gobernos que houbo en España ata o momento eran gobernos que aceptaban a Constitución, e paréceme moi perigoso estar no primeiro momento da nosa historia ante posibles gobernos que parte deses gobernos ou socios que voten e faciliten eses gobernos estean para destruír esa Constitución", avisou.

Para Núñez Feijóo, "iso é o que quere a inmensa maioría dos cidadáns". "E é o que nos mandaron os nosos maiores e os que votaron a Constitución: que nós nos comprometemos a manter esa España que nos legaron", remarcou, para concluír que "a mellor España ten o mellor texto, que é a Constitución española".

Cuestionado polas negociacións con ERC para a investidura, o número uno dos populares de Galicia e titular do Executivo autonómico lamentou que van "catro eleccións xerais en catro anos onde o señor (Pedro) Sánchez foi sempre o protagonista desa inestabilidade política".

"E despois de todo este tempo, o importante non é o que diga, senón o que faga o señor Sánchez", chamou a atención, antes de criticar que di "unha cousa cada dous ou tres meses" pero "inmediatamente despois de gañar as eleccións e ser a lista máis votada", fai "xustamente o contrario do que dixo que ía facer, que é abrazar a Podemos".

Nesta liña, reiterou que "o importante non é o que diga o señor Sánchez, o importante é o que fai; e o que está a facer é tentar construír un Goberno cuxos socios o primeiro que queren é derrogar a Constitución española". "De momento, o que fixo foi buscar un acordo, un pacto e asinar un acordo en primeiro lugar con Podemos e agora tentar obter o visto e prace do señor Junqueras e do señor Torra", censurou.

ANOVA

Anova, a formación que promoveu o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras tras a súa marcha do BNG, considera "evidente" que a Constitución "e o seu Réxime", o de 1978, "entrou nunha fase de crise terminal que poderá dilatarse máis ou menos no tempo, pero que fai urxente abordar política e socialmente".

Así o expresa este partido a través dun comunicado de prensa remitido aos medios de comunicación este 6 de decembro, día en que se celebra o 41 aniversario da Carta Magna. Desde a súa fundación en 2012, segundo subliña, esta organización fai un "diagnóstico claro" sobre os "síntomas de esgotamento do Réxime saído da chamada transición española".

"O documento lexislativo sobre o que se sostén este réxime é produto da etapa reformista que se abriu despois da morte do ditador Franco e a chamada apertura democrática", advirte.

Ese texto, concibido e redactado "por uns poucos homes daquel contexto histórico continuista co aparello represor do franquismo", aspiraba ao seu xuízo a "favorecer unha democratización das institucións e da economía, garantindo liberdades e dereitos, ademais de deseñar unha estrutura xudicial e administrativa que achegase ao Estado español aos estándares democráticos do espazo europeo".

Desde a súa análise, Anova entende que a Constitución "abordaba o problema do encaixe das nacións e a descentralización política e administrativa a través dunha solución intermedia entre o histórico centralismo e as pulsións centrífugas da tradición federal". Así chegou á "síntese do estado das autonomías", na súa opinión "deseñado nun actual e fácticamente moribunto título VIII".

Por outra banda, sinala que "definía o papel dunha Coroa imposta polo réxime anterior, e as relacións de privilexio coa Igrexa católica, ademais de reservarlle ao Exército un papel predominante nas decisións últimas que afectan á soberanía".

A Constitución de 1978, para Anova, contempla procedementos de reforma "moi ríxidos" que a fan "un documento moi difícil de adaptar aos tempos cambiantes". Critica ademais que "foi empregada nos últimos tempos como unha arma arreboladiza e de parte, converténdoa nun texto sacralizado e dividindo á cidadanía entre 'constitucionalistas' e 'non constitucionalistas".

Desde a que denominan "crise-estafa de 2008", lamenta que "foi máis patente a sintomatoloxía do esgotamento e os límites da narrativa consensual proviniente da Transición". "Todo aquilo referido á vivenda, á subordinación da economía ao interese xeral e á democratización contrasta coa dura e desigual realidade no día a día dunha ampla maioría de cidadáns", advirte.

Pola súa banda, "o papel de árbitro e moderador" da institución "arcaica e antidemocrática" como é ao seu entender a Monarquía "quedou tamén en evidencia nos últimos tempos". Por último, censura o "grave retroceso" e a "incapacidade" do Estado para dar solucións democráticas "ao conflito político por vías dialogadas e racionais" no tocante ao "encaixe xurídico-político das nacións".

Por todo isto, Anova avisa de que seguirá "impulsando" para "abrir esas fechaduras e eses horizontes democráticos a favor das clases populares".

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.. XUNTA
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.. XUNTA

PSOE

O PSOE, cuxos dirixentes teñen abertas negociacións con ERC, Junts ou o BNG para a investidura de Pedro Sánchez, subliñou este venres que defender hoxe a Constitución equivale a "facilitar a formación de Goberno", "a clave de bóveda do sistema política que establece a Constitución de 1978".

Así o puxo de manifesto o secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso, Rafael Simancas, á súa chegada ao acto central polo 41 aniversario da Constitución que ten lugar na Cámara Baixa, onde puxo en valor a vocación "unificadora" da Carta Magna fronte aos "ultra-radicais" que atacan algúns dos seus valores e os "sectarios" que a usan como "arma arreboladiza".

Xosé Manuel Beiras, na Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo
Xosé Manuel Beiras, na Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 nostrus

"dereito" de pobos e cidadáns a cambiar as leis, incluída a Constitución, pero antes deberia que aclarar que pobos e que cidadans teñen ese direito, ¿teño eu direito como cidadan a cambiar as leis que non me gustan?, ¿ten o meu pobo direito a cambiar as leis que non lle gustan a maioria dese pobo?. Por outra banda hai que engadir que si Vox é un aborto, o BNG é unha malformacion.

3 El Ciz

Menos mal que o meu Monarca ten que aturar poucos vividores. A masa critica debe denunciar eses casos, moi ben

2 Bismutiño

Que una vividora de la política como Pontona da U se dedique a insultar a otras fuerzas políticas da una idea de verdadera medida política: 0.

1 Bernal Calvo Decomisiones

non coma vós que traballades na mina por iso logo facedes tan pouco desde os carguiños públicos

1 Catro gatos

Pero se comparten grupo confederal ou confenonseique tanto no Hórreo como en España cos que din que su majestá ganaría las elecciones y fuera de la ley nada.

1 Néstor (falta de) Rego

Mellor o do BNG, que comparte grupo mixto con Teruel Existe e Navarra Suma.