Veciñanza de Touro teme pola súa saúde debido aos "cheiros insoportables" vidos da antiga mina

As parroquias da zona denuncian que a Consellería de Medio Ambiente non tivo a "deferencia de contestar" ante a solicitude da veciñanza de instalar "unha estación móbil de medición de calidade de aire".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Veciños de varias parroquias de Touro denuncian que as administracións non "se molestan" en "mediar" tras anos de protestas contra os "continuos cheiros insoportables" procedentes, aseguran, da empresa de tratamentos de residuos instalada na antiga mina.

Preocupados pola súa saúde, os residentes destas localidades afirmaron mediante un comunicado que as administracións "se negan mesmo a realizar estudos de afección á saúde das persoas" a pesar de coñecer a situación.

Ademais, sinalaron que a Consellería de Medio Ambiente non tivo a "deferencia de contestar" ante a solicitude da veciñanza de instalar "unha estación móbil de medición de calidade de aire", a pesar de "ter estacións gardadas nos seus almacéns sen ningún tipo de uso", segundo criticaron no comunicado.

A veciñanza leva anos protestando contra esta situación e "máis de dous meses" realizando denuncias "case a diario" ao que, segundo explicaron, só reciben a resposta de enviados polo 112 que "o único que realizan é levantar acta da queixa".

Pancarta contra a empresa instalada na antiga mina de Touro-O Pino (A Coruña). REMITIDA
Pancarta contra a empresa instalada na antiga mina de Touro-O Pino (A Coruña). REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta