Detidas tres persoas en Ourense por falsificación de moeda e tráfico de drogas

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dúas mulleres e un home pola comisión dun suposto delito de falsificación e distribución de moeda falsa e tráfico de drogas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dúas mulleres e un home pola comisión dun suposto delito de falsificación e distribución de moeda falsa e tráfico de drogas.

Segundo informou a Policía Nacional, axentes de Policía da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Comisaría Provincial de Ourense iniciaron unha investigación hai dous meses cando se detectou na cidade a existencia de billetes falsos en varios locais de hostalaría.

Así, despois de xestións practicadas, os investigadores concluíron que dúas mulleres e un home de nacionalidade suramericana son os presuntos responsables da distribución de billetes falsos, maioritariamente de 50 e 20 euros, en catro locais de hostalaría da cidade de Ourense, polo que se procedeu á súa detención e posterior rexistro en dous domicilios.

Nos rexistros domiciliarios efectuados "non se ocuparon efectos susceptibles de ser utilizados na fabricación de moeda falsa", puntualizaron as mesmas fontes policiais, polo que a Policía apunta que "poderían fornecerse dos mesmos nalgún lugar ou a algunha outra persoa que non se puido identificar".

No entanto, os axentes incautáronse de bolsiñas que supostamente conteñen marihuana. Deste xeito, constataron a implicación dunha das mulleres nun suposto delito de tráfico de drogas a pequena escala, para o que adquiría pequenas cantidades de droga, presumiblemente coa distribución dos billetes falsos, para unha vez adulterada, volver vendela a pequenos consumidores.

Os detidos son unha muller de 32 anos de idade, natural de República Dominicana, con dous arrestos anteriores; un home de 50 anos da mesma procedencia e con sete detencións anteriores; e unha muller de 30 anos de idade sen antecedentes. Quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial.

Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta