A Xunta aposta por un Papá Noël interactivo e esquece o Apalpador

Case 1.600 nenos de toda Galicia poderán contactar con Santa Claus a través de videoconferencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Case 1.600 nenos de educación infantil de 32 concellos galegos poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel a través de videoconferencias que organizará, entre o 10 e o 20 de decembro, a rede de aulas CeMIT da Xunta. Unha iniciativa que deixa de lado ao apalpador, unha persoaxe mítica da montaña galega no Nadal galego.

En concreto, os nenos de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros en realizar esta experiencia, este martes a partir das 10,00 horas. A videoconferencia durará media hora en cada localidade.

Nos seguintes días, e ata o 20 de decembro, as videoconferencias con Laponia sucederanse en Abegondo, Arzúa, Bande, Barreiros, Beariz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Leiro, Marín, Muros, Narón, Negreira, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Ribeira, Riotorto, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo ou Xunqueira de Ambía.

Papa Noël e o Apalpador
Papa Noël e o Apalpador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Amancio

Hai outras tradicións ás que se lle pode pór unha data moi concreta. Por exemplo, a primeira cabalgada dos Reis en Galicia foi a da Coruña de 1910. Apenas un século de vida. Por que esa é tradición e o Apalpador un invento? Pois porque os nacionalistas españois renegan do noso, simplemente. Din que nos queremos parecer aos vascos, mais eles son indistinguibles dun castelán ou un madrileño.

4 Xesús Ateo Recalcitrante

Hai algúns que teñen tamaño complexo de inferioridade que refugan todo aquelo que cheire a galego. Non é así, Aberto Núñez Feijóo?

1 Geronimus

Tes razón. Hai algúns que só pensan en parecerse tanto a vascos e cataláns que calquera día van chamarse Ane, Anna Gorka e Francesc.

3 andaque

es porque feijo qnuiere acabar con galicia como hizo con el gallego, este señor es hitler en gafitas y nariz de loro, si lo dejan mata a los gallegos

2 Viriatus

Moi ben pola Xunta. A figura do apalpador, de pésimo gosto é pura invención do BNG. Celebremos os Reis Magos, o de sempre.

1 nominativo

É unha mala copia de do olentxero. Un invento mais do nacionalismo, non documentado, a sumar ao samaín. Nin apalpador --como copia do olentxero-- nin samaín aparecen no Dicionario de dicionarios da UVi.

1 Goldi

E o can de palleiro é unha mala cópia do pastor alemán. E o porco celta unha mala cópia do ibérico pata negra. E o boi de Allariz unha mala cópia dun touro de lídia... E os galegos acomplexados e colonizados coma ti sodes unha mala cópia dos españois ós que imitades e suspirades por ser... Escribes en galego (é unha mala cópia do portugués?). Troliño de segunda, non valerías nen pra tertuliano da rtvg...

2 PassPáns non

Pero aparece passpán. Que ti sexas un ignorante non implica que non podas opinar. Santa Claus si que é alleo á túa España e a Galicia. Ese si é pura colonización.

3 Nominativo

Queda claro polo rebote de Goldi, que ela misma se retrata dicindo que ve a tvg porque sabe que hai tertulianos, e polos insultos da pasiva, que tanto o samaín como o olentxero son inventos recentes do nacionalismo. Dios dea unha pereira e un á beira. Todos estes inventos fanse para que o nacionalismo poida normalizarse na sociedade. A normalización debería levar á implantación, e esta a que nos poñamos á altura dos nacionalismos vasco e catalán, dos que o galego sempre foi unha mala copia. Ideas ninguna, pero din algo nacionalistas cataláns ou vasco, e ala van os nacionalistas galegos a dicir o mesmo. Mimá, cómo se poñen as cabeciñas...

4 Reigosa

E certo que como restos de uma tradiçom de origem na idade do ferro, em algumas zonas da costa atlántica se jogaba com cabazas até nom ha tanto tempo e está bem documentado mas nunca, por suposto, se lhe chamou samaín, era parte do magosto de toda a vida. A figura do apalpador estou de acordo com voçe é de moito mal gosto, pareze que ha algo semelhante no norte de Portugal más nada que se possa concretar. Pessoalmente som mais partidario de potenciar aos Reis Magos e tuda a tradiçom que fica derredor deles, com os cantos de reis, os aguinaldos e as comparsas. Mas nunca gostei em absoluto do apalpador, como de nenhuma tradiçom inventada para poder normalizar o nacionalismo. Se Galiza precisa de elementos proprios que acho que nom, tem davondo dentro de si mesma sem ter que importar nada de outras nacionalidades históricas de España.