A alcaldesa de Mugardos renuncia á Alcaldía para evitar un pacto PP-PSOE

Faino unhas horas antes do debate da moción de censura.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 10/12/2019 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Mugardos (A Coruña), Pilar Díaz (EU), presentou á primeira hora da mañá deste martes, 10 de decembro, no Rexistro Municipal, a súa renuncia á Alcaldía deste municipio da comarca de Ferrol e a súa permanencia como edil da corporación local.

O documento, ao que tivo acceso Europa Press, presentouse horas antes de que se debata a moción de censura que presentaron o pasado 25 de novembro os cinco concelleiros do Partido Popular e o tres do PSOE.

Precisamente, a principios deste mes de decembro, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurara que para non apoiar a chegada do popular Juan Domingo de Deus á Alcadía era unha condición indispensable que Pilar Díaz dese un paso atrás, algo que quedou agora reflectido nesta renuncia.

O Concello de Mugardos fixou para as 12,00 horas deste martes un pleno extraordinario para debater unha moción de censura exposta polo PP e o PSOE co obxectivo de apartar a Pilar Díaz e a todo o seu equipo do goberno.

A moción foi presentada o pasado 25 de novembro polos cinco concelleiros do Partido Popular e o tres do PSOE, e conta co aval do presidente provincial dos populares, Diego Calvo, que defendeu este paso como necesario para "solucionar os problemas do Concello" e que os veciños "non poden pagar a inestabilidade" do goberno local.

A xa ex alcaldesa de Mugardos cos traballadores da planta de gas de Reganosa
A xa ex alcaldesa de Mugardos cos traballadores da planta de gas de Reganosa | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 bestarruza

Vese a mán da princesa Yolanda. Pero PIlar Díaz, que leva toda a vida vivindo da política, vai seguir, con dedicación exclusiva no Goberno Municipal e mandando como ata o de agora

1 E Reganosa que

Boa xogada, renuncia á alcaldía pero segue de concelleira así seguirá de déspota mandando desde atrás.