A oposición cualifica de "fraude parlamentaria" os cambios normativos que o PP aproba coa lei de acompañamento

A Comisión de Orzamentos dá luz verde á lei de acompañamento dos orzamentos, que encara a súa aprobación definitiva en pleno

Por E.P. | Compostela | 10/12/2019 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición na Cámara galega --PSdeG, Común da Esquerda, BNG e En Marea-- criticaron as modificacións normativas que inclúe a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, coñecida como lei de acompañamento aos orzamentos, posto que consideran que o grupo maioritario, o PPdeG, comete unha "fraude parlamentaria" ao empregar esta vía para emendar textos lexislativos "que nalgúns casos foron aprobados fai tres meses".

Este martes, os votos do PpdeG na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos serviron para sacar adiante o ditame do proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que vai ligada aos orzamentos da Xunta para 2020, que encara a súa última fase de aprobación co pleno convocado para a próxima semana.

Entre as modificacións lexislativas incluídas polo PP a través de emendas á lei de acompamiento figura a ampliación de catro a seis anos das declaracións de impacto ambiental, que foi denunciada pola oposición como unha vía de "desprotección" do patrimonio natural de Galicia; ao que o PP respondeu que a medida está pensada "para as concentracións parcelarias, que son de todo menos de ricos e poderosos".

Fronte ás críticas da oposición, que considera o "abuso" desta ferramenta como unha mostra de "os erros", "as présas" e "a falta de previsión e de proxecto" do Goberno galego á hora de lexislar, os populares defenderon que este mecanismo é "legal" e que "se utiliza" noutras administracións.

Pleno no Parlamento galego.. XUNTA
Pleno no Parlamento galego.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta