Os tecidos medievais da Catedral de Santiago, a estudo

Trátase dunha primeira toma de datos para avanzar no estudo destas pezas "excepcionais e dun gran valor histórico e artístico pola súa singularidade", explica a Catedral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Durante esta semana, as expertas en tecidos medievais Ana Cabrera, conservadora no Museo do Traxe de Madrid, e María Judith Feliciano, estiveron no Museo da Catedral de Santiago para analizar varias pezas téxtiles de orixe medieval.

Esta análise, informou a Fundación Catedral, englóbase no proxecto 'Os tesouros medievais hispanos: coleccións, conexións e representacións na península e máis aló', do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, unha iniciativa dirixida por There Martin, do CSIC.

En concreto, e aplicando as últimas tecnoloxías en canto a métodos de observación e análise, prestaron atención aos tecidos, de distintas épocas e procedencias, que foron achados no relicario de Santa Susana, e aos da teca do altar de consagración de San Martín Pinario. Trátase dunha primeira toma de datos para avanzar no estudo destas pezas "excepcionais e dun gran valor histórico e artístico pola súa singularidade", explica a Catedral.

As pezas do relicario de Santa Susana teñen un "enorme valor", informou a Findación Catedral, pois, "a pesar das numerosas fontes documentais que dan conta do desenvolvemento comercial que estas obras tiveron na época entre reis, nobres e eclesiásticos", non son máis dun "centenar" as pezas que se conservan, repartidas entre museos de Europa e Estados Unidos.

En concreto, analizouse a dalmática decorada con elementos vexetais, con detalles en ouro, sobre fondo azul turquesa e o fragmento de tea decorada con temas florais en ouro sobre fondo marrón. Tamén se estudou o pano de liño con representacións de animais e elementos xeométricos bordados en seda vermella, e que actualmente está exposto na Cidade da Cultura, na exposición "Galicia. Un relato non mundo".

Análise de tecidos medievais do Museo da Catedral de Santiago.. FUNDACIÓN CATEDRAL
Análise de tecidos medievais do Museo da Catedral de Santiago.. FUNDACIÓN CATEDRAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta