O servizo contraincendios de Pontevedra contará cun novo vehículo de rescate

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O servizo contraincendios e de salvamento da provincia de Pontevedra contará cun novo vehículo pesado de rescate en altura para asistir a todo o territorio pontevedrés.

Esta medida foi aprobada este xoves por unanimidade no consorcio provincial, integrado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Desta maneira, xestionarase a adquisición do novo camión, valorado en case 800 mil euros, e que se financiará cos orzamentos do organismo deste ano.

Ademais, nese encontro tamén se ratificaron unha serie de condicións para o convenio de colaboración entre o Consorcio e Unespa e así impulsar a "contribución aos servizos de extinción de incendios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta