Temas: INDUSTRIA ALCOA

Común da Esquerda reclama ao Goberno en funcións que convoque "de inmediato" a mesa de seguimento de Alcoa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Grupo Común da Esquerda reclamou ao Goberno en funcións que convoque "de inmediato" a mesa de siguimiento de Alcoa San Cibrao ante a incerteza en torno ao futuro da factoría situada na comarca da Mariña luguesa.

Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo)
Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo) | Fonte: EP.

Este xoves, a deputada de Común da Esquerda Luca Chao mantivo un encontro co comité de empresa de Alcoa San Cibrao, aos que expresou o seu apoio de cara á mobilización convocada para a mañá deste sábado ás 12,00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Lugo.

"Urxe facer un chamamento claro ao Goberno en funcións para que se comprometa a regular o prezo da enerxía para conseguir a estabilidade que a industria do aluminio necesita", manifestou Chao ao termo do encontro.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, demandou que o prezo da enerxía se equipare ao de países veciños como Francia.

"Non pedimos sequera a equiparación con países como Noruega ou Alemaña, senón algo moito máis accesible como a equiparación cos países veciños, porque senón esta empresa non vai aguantar moito máis e marcharase a algún deses países, o que suporá un enorme fracaso", incidiu Zan.

Temas: INDUSTRIA ALCOA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta