Localizado o corpo dun home no río en Xunqueira de Espadañedo

Nese mesmo concello buscabase desde onte a un veciño desaparecido.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/12/2019 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil localizaron na mañá deste venres o cadáver dun home no río que pasa pola localidade de Xunqueira e Espadañedo (Ourense), lugar onde se buscada a un septuaxenario desaparecido.

Así o informaron a Europa Press fontes do dispositivo, que explicaron que na mañá deste venres foi localizado o cadáver e apuntaron que posiblemente, á espera de que sexa identificado, sexa o dun veciño desaparecido desde a tarde deste xoves.

En concreto, efectivos de emerxencias buscaban desde a tarde deste xoves a Antonio Pumar, de 74 anos de idade e veciño de Xunqueira de Espadañedo.

Imaxe da procura dunha persoa desaparecida. AXEGA
Imaxe da procura dunha persoa desaparecida. AXEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta