Máis de 3.000 pacientes con marcapasos da área de Santiago poderán facer as revisións anuais nun centro de saúde

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Máis de 3.000 pacientes con marcapasos da área sanitaria de Santiago de Compostela e do Barbanza poderán facer a revisión anual do seu dispositivo nun centro de saúde e evitar a visita ao servizo de cardioloxía do Hospital Clínico.

Diso informou a Xerencia da área sanitaria nun comunicado, no que explica que esta iniciativa xa foi comprobada polos primeiros pacientes no centro de saúde da Estrada. Deste xeito, a xerencia sinalou que continua a súa aposta por achegar a atención sanitaria de calidade ao momento máis cómodo para o usuario, evitando traslados innecesarios ao hospital, con máis garantías sanitarias.

Así, de forma paulatina, os case 150 pacientes da zona da Estrada con marcapasos e os máis de 3.000 pacientes na área de Santiago poderán consultar nos 14 puntos estratéxicos nos que se instalará esta tecnoloxía ao longo do 2020.

A Xerencia explicou que a selección destes puntos en distintos servizos de atención primaria fíxose seguindo criterios de localización xeográfica nas áreas que superasen o centenar de pacientes portadores de dispositivos cardioimplantables.

Persoal do Centro de Saúde da Estrada e do Servizo de Cardioloxía de área sanitaria de Santiago e Barbanza. XUNTA
Persoal do Centro de Saúde da Estrada e do Servizo de Cardioloxía de área sanitaria de Santiago e Barbanza. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta