Baixan os divorcios e separacións no terceiro trimestre

Descenden un 8,8%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Os divorcios e separacións rexistrados en Galicia entre o 1 de xullo e o 30 de setembro deste ano descenderon un 8,8 por cento en relación ao mesmo período de 2018, mentres, a nivel estatal, incrementáronse nun 1,4 por cento.

Segundo datos facilitados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no terceiro trimestre de 2019 presentáronse case 1.200 demandas de ruptura matrimonial na comunidade fronte ás máis de 1.300 contabilizadas nos mesmos meses do ano anterior.

Deste xeito, en relación ao segundo trimestre deste ano, acumulouse unha caída do 18,4 nos divorcios e separacións, que pasaron de 1.470 a 1.200. Ademais, en Galicia, rexistráronse 4,4 solicitudes de ruptura matrimonial por cada 10.000 habitantes no terceiro trimestre do ano, unha cifra inferior á media estatal, que se sitúa en 4,7.

En concreto, os divorcios consensuados descenderon un 13 por cento (pasaron de 725 a 631) e, o non consensuados, un 2,4 por cento (diminuíron de 540 a 527) entre xullo e setembro deste ano en relación a eses meses de 2018.

Así mesmo, as separacións de mutuo acordo baixaron de 36 a 30 no terceiro trimestre do ano e, as non consensuadas, de 14 a 11. Mentres, aínda que o ano pasado contabilizouse unha nulidade matrimonial neste período, en 2019 non se rexistrou ningunha.

Durante este verán tamén se observou un incremento do 18,5 por cento no inicio de procedementos de medidas consensuadas en comparación con ese período de 2018. No entanto, as demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 365 a 350, o que supuxeron un descenso do 4,1 por cento.

Sinatura dun divorcio
Sinatura dun divorcio | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta