A Xunta quere reunir a 600 farmaceúticos para adxudicar as 41 novas farmacias

Di que busca "garantir uns criterios obxectivos" de selección.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade celebrará o próximo 18 de xaneiro un acto público de adxudicación das 41 novas oficinas de farmacia, nunha cita á que se convoca aos 604 candidatos co fin de axilizar un proceso que noutras ocasións podía durar meses.

O acto será a partir das 9,00 horas no salón de actos do edificio administrativo do Sergas, en San Lázaro (Santiago), tal e como indica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG). Sanidade informa de que retoma este procedemento despois dos recursos de alzada que se interpuxeron fronte ás listas definitivas, coñecidas en novembro de 2018.

Esta é a primeira vez que se convoca a todos os candidatos nun acto público único para a elección de farmacia. A Xunta subliñou que isto "permite axilizar" o proceso, mediante o cal cada solicitante escollerá, por orde de puntuación, a oficina que quere.

A cualificación de cada concursante é froito dunha reforma que busca "garantir uns criterios obxectivos" de selección, entre os cales a experiencia laboral pasa a ter o dobre de peso. A lista, coa puntuación obtida por cada un, pode consultarse desde este venres na páxina web do Sergas.

Farmacia. COFCAM - Arquivo
Farmacia. COFCAM - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta