O BNG critica a decisión da Mesa do Congreso e avanza que seguirá buscando fórmulas para ter "maior capacidade"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, arremeteu contra a decisión da Mesa de rexeitar os dous grupos propostos polas forzas que terían que ir ao mixto, e avanzou que continuarán buscando fórmulas para lograr "máis capacidade operativa e visibilidade" para Galicia.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG.

Rego asegurou que o grupo cumpría os requisitos e garantía maiores posibilidades de intervención do BNG, tanto en tempos como en iniciativas e presenza en comisións.

É por iso que critica unha decisión "política" e que "non respecta un criterio esencial en democracia: que todas as forzas con representación teñan posibilidade de intervención".

A pesar diso, e dado que se abriu un novo prazo ata o venres, o deputado de BNG asegurou que está en contacto con outras forzas para tentar impulsar un grupo parlamentario que xunte un mínimo de 15 deputados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Gamela

Para aclarar a situación: xa que o BNG disque quere defender a "Axenda galega" (?) deberan estar traballando para buscar un "goberno de progreso" en lugar de andar a buscar unha butaca na platea do grupo mixto! Pero eso non é só culpa do BNG, senon sobre todo de ERC e de moitos "papaostias" que mirándose o embigo están xogando con lume ! Este vídeo análise penso que ten interese para todos... https://youtu.be/P9FbQyCRANc

2 El Ciz

Opinions diversas sobre a situacion, pero os atrancos ao nacionalismo galego son unha constante no tempo nestes 40 anos democracia cunha legalidade dificil. O franquismo non pasou polos xulgados e ademais xa se expresa de forma aberta e con representacion nos organos parlamentares. Os netos do franquismo fan pasar polos xulgados e condenan aos netos dos perdedores. Unha estratexia correcta non e doada e a tactica moitas veces discutibel, e moito mais titanico e o cometido de conxugar todo isto co traballo de elevar a conciencia dun pobo colonizado. E moi facil destruir coa opinion desde unha optica allea a Galiza, no mellor dos casos, ou dende o prexuizo e falta intencionada de aporte critico

1 Gamela

Que sinxelo fora ter dado a man ao movemento do 15M e SUMAR FORZA para quitar do medio a PP e PSOE e buscar futuro en Galicia !!! Pero non, seica tiñan un remedio para tódolos males que pasaba necesariamente polos altos designios das teses da UPG ! Logo de 55 anos cómpre revisar as "opticas" e mudar os lentes se se quere VER a realidade de Galicia. Outra cousa é querer manter a defensa duns intereses miopes outros 50 anos e vivir das Deputacións !!! Por favor xa está ben de empoleirarse nas esencias da galeguidade! GALEGAS SOMOS TODAS !!!

2 Buceta

Pero Gamela, se ti defendes e compartes Vox a idea da España Imperial (Bourbón, Constitución e Unidade indisoluble, prisión para o disidente, supremacía do español, negación da violencia de xénero, protección dos empresarios que fan caridades mentres evaden impostos, defensa da bárbara Fiesta Nacional). E logo dando consellos aos que odias, facéndote pasar por alternativo e progre... Metílico ou matute? Non, grazas! Que outro che compre a mercadoría adulterada!

3 Gamela

Buceta seica fixeches un cursiño para cazar disidentes con Caselas ? Aquí falamos do banquiño onde sentará o cú o BNG en Madrid... (o resto case mellor que llo contes ao polit bureau en Terra e Tempo!) Que manía teñen algúns en DESCALIFICAR ao mensaxeiro e NON RESPONDER xamáis ás cuestións de fondo !!!

4 seixocici

Primeira, ante todo "antes roja que rota" (odio ao BNG). Segundo, "prefiero colorada a amigos que jueguen con la Sagrada Unidad" (odio a Cerna). Terceira, "peligro, rojos, masones, comunistas" (odio a Podemos, IU e PsoE). Cuarta, "desenmascaremos traidores" (odio a PP e Ciudadanos). Podía ser o ideario fascista, é o de Vox, compartido polo Gamela. Conclusión: a cuestión de fondo está evidenciada. E dicho quen non vota BNG, En Marea-Podemos, Ciudadanos, nin PPsoE. Odiar é malo para a saúde propia e para os que te rodean.

1 Gamela

Se quere visibilizar a República Galega pode pedir "asilo político" no grupo (EH-Bildu) ou no grupo (ERC) ¿que pasa, que agora xa non son SOCIOS no Congreso e sí o eran para o Parlamento Europeo? Seica os grupos están cheos... UPG UPG UPG Disolución !