É deputada aquela que eliximos deputada

Non, non alucinen. Non me convertín á relixión tautolóxica do Rajoy (“un plato es un plato”). Se non lles acredito na miña- que é a unica verdadeira- para canto máis lles vou acreditar na súa. Vaites,vaites…

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 15/12/2019

Comparte esta noticia
O caso é que en maio deste ano eliximos a nosa representación (MEP) para o Parlamento Europeo. Estes MEP son representantes do conxunto da cidadanía europea,  tecnicamente non representan Galicia, Catalunya, Sardinia ou Bavaria. Tampouco ao Estado español nin á Dinamarca. As regras para a elección perténcenlle ao Dereito Europeo, malia que éste permita a provisional aplicación subsidiaria dalgunhas normas do Dereito estatal  á elección de cadanseus MEP de cada Estado. Estas regras regulan, no suposto español, os requisitos para poder ser candidatos (elixibilidade) ou MEP (compatibilidade). Son normas que poden ser discutíbeis e que, por mor da súa integración no Dereito Europeo, fican sometidas ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).
 
Mais o Dereito estatal introduce unha regra (artigo 224 da Lei electoral estatal) incompatíbel coa soberanía popular e co mandato parlamentario: condicionar a efectividade do mandato do MEP ou eurodeputado ao previo xuramento da Constitución española (CE) perante a Xunta Electoral Central (XEC). É dicir, obrigarlle ao eurodeputado  eleito pola cidadanía a un xuramento adicional para adquirir ao 100% a súa cualidade. O que supón limitar ou suspender o mandato cidadán. Incríbel.
 
Velaí porque o preso político Oriol Junqueras recorreu perante o TXUE a súa suspensión como eurodeputado por mor de non ter comparecido perante a XEC para xurar a CE. E o Avogado Xeral da UE considerou que este recurso xa non ten sentido por si mesmo (pois que Junqueras foi condenado xa a unha sentenza penal definitiva que lle impide exercer o devandito mandato parlamentario) mais si ten interese xurídico xeral, por coidar que ese requisito adicional do xuramento vulnera o Dereito Europeo, que nega que aos MEP, logo de ser elixidos, se lles impoñan requisitos adicionais para adiar, suspender ou condicionar a efectividade do seu mandato.
 
Esta quinta, 19-D, o TXUE resolverá esta cuestión. E malia que a eventual decisión non atinxa na práctica Junqueras si poderá atinxir ao president Puigdemont e ao conseller Comín, dispoñendo a inmediata eficacia da súa elección popular.
 
É dicir, é posíbel e mesmo abondo probábel  que o TXUE repoña no Parlamento Europeo aqueles que foron lexitima e legalmente elixidos pola cidadanía nas idus de maio. 

Oriol Junqueras, líder de ERC
Oriol Junqueras, líder de ERC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.