A precariedade dos creadores galegos: só un 19% pode vivir do seu traballo

A SGAE presentou este mércores o diagnóstico da profesión en Galicia o cal mostra "certa precariedade" no gremio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A SGAE advirte da precariedade que viven os creadores galegos. A entidade ha presenta presentado este mércores en Santiago un informe que constata "certa precariedade" no sector, ao evidenciar que só un 19 por cento dos autores afirman vivir exclusivamente do seu traballo autoral.

O estudo elaborouse a partir dun cuestionario realizado a máis de 200 autores que "representan a unha poboación de 3.814 creadores que viven nesta comunidade", segundo explicou o presidente do Consello Territorial da fundación, Juan Rivas, no acto de presentación.

Rivas sinalou que o 70 por cento dos enquisados ten que complementar a súa actividade creativa con outras fose do sector e que ao redor do 20 por cento dos creadores percibiu menos de 10.000 euros de ingresos netos anuais no 2017.

Ademais, case a metade deles afirman dedicarse maioritariamente a outras ocupacións e o 62 por cento dos creadores opina que a poboación non ten coñecemento do seu traballo. O sector móstrase maioritariamente masculino ao haber un 83 por cento de homes entre os enquisados.

ASPECTOS POSITIVOS

Doutra banda, o presidente da SGAE en Galicia quixo valorar os datos positivos do diagnóstico que, dixo, "a pesar das malas noticias, mostran moita dignidade entre os creativos". Neste sentido, sinalou que 2 de 3 creadores valoran positivamente o impacto de internet no seu traballo autoral e que 9 de cada 10 veno mesmo como unha oportunidade.

Pola súa banda, o socio da consultora encargada de elaborar o cuestionario no que se baseou o diagnóstico, Carlos Manuel Abella, engadiu que "unha das grandes conclusións" é que "non existe un patrón de homoxeneidade" no gremio ante a "pluralidade de situacións e perfís" existentes.

ESTATUTO DE ARTISTA

En canto ao labor das institucións públicas, Juan Rivas sinalou que é necesario "facer autocrítica" e "aprender máis doutras asociacións" para "conectar coas administracións". Así mesmo, o director da Zona Noroeste da SGAE, Miguel Dieguez, valorou o Estatuto de artista--aprobado en xuño do pasado ano por todos os grupos políticos-- que "se adapta á visión europea da cultura" con "modificacións substanciais" que "un paso fundamental" para os creadores.

Victor Sierra, Carlos M. Abella, Juan Rivas e Miguel Diéguez na presentación do 'Diagnósitco da profesión autoral en Galicia' este miercoles en Santiago.. CONSELLO TERRITORIAL DA SGAE EN GALICIA
Victor Sierra, Carlos M. Abella, Juan Rivas e Miguel Diéguez na presentación do 'Diagnósitco da profesión autoral en Galicia' este miercoles en Santiago.. CONSELLO TERRITORIAL DA SGAE EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Eu quixera saber se a SGAE é realmente a solución, ou a xulgar polos seus escándalos recentes a SGAE é o problema (?) Vaia por diante que descoñezo a que se dedica á SGAE amén de tentar cobrarlle os dereitos de autor á Coral Casablanca de Vigo (no xulgado) ?