Aprobado o ditame para elaborar o pacto galego contra a violencia de xénero

Os partidos do Parlamento discrepan na elaboración este documento, a oposición considérao "insuficiente" mentres que o PP o apoia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O Partido Popular aprobou o ditame para elaborar o pacto galego contra a violencia de xénero, que para os populares supón "notables avances" e para a oposición resulta "insuficiente".

Este venres a Comisión de Igualdade que se celebrou no Parlamento de Galicia aprobou o ditame deste acordo autonómico para loitar contra a violencia de xénero. Por unha banda, os deputados do Partido Popular manifestaron que, despois da comparecencia de 80 persoas e a análise de preto de 30 informes, o ditame aprobado cos votos dos populares "son o primeiro paso para a elaboración" deste pacto.

Así, a portavoz popular, Marián García, concluíu que "en Galicia estamos moi por diante na protección, prevención, recursos, asistencia, formación, sensibilización, educación, emprego, economía e, en definitiva, todos os ámbitos con respecto á violencia de xénero".

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Pola súa banda, toda a oposición rexeitou o ditame. Neste sentido, a deputada de Grupo Común da Esquerda Paula Quinteiro destacou que a partir de agora "é fundamental que os acordos" que se formalicen deben ir acompañados dun "compromiso orzamentario real e unha calendarización completa".

As críticas tamén viñeron de parte do PSdeG, a deputada María Pierres reclamou "implicación e aliñamento" por parte da Xunta de Galicia nesta materia. Os socialistas tamén se abstiveron para "demostrar cautela", a pesar de mostrarse "claramente a favor" dun pacto galego contra a violencia de xénero. Sinalou "as incoherencias demostradas polo PP en materia de igualdade" e os "deberes" que supón o ditame aprobado nesta Comisión, que quedan "expostos pero non resoltos".

016, teléfono de axuda á violencia de xénero
016, teléfono de axuda á violencia de xénero | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta