Tres mortos en Curtis por inhalación de monóxido de carbono dun xerador de corrente

A vivenda podería ter sufrido un corte de electricidade a causa do temporal, e por iso os ocupantes empregaron o xerador. Outras dúas persoas foron trasladadas en Malpica polo mesmo motivo. Neste caso, a intoxicación débese a un quentador en mal estado.

Por Europa Press / Redacción | CURTIS | 22/12/2019 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Tres persoas morreron este domingo na súa vivenda da parroquia de Fisteus, en Curtis, por inhalación de monóxido de carbono procedente dun xerador de corrente.

Fisteus, Curtis
Fisteus, Curtis | Fonte: Wikimedia Commons

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112 e do 061, a chamada de alarma deuse sobre as 16,50 horas, cando se localizou ás tres persoas falecidas no interior dunha vivenda.

Os mortos son un matrimonio de octoxenarios, que foron localizados falecidos na súa cama; e o fillo de ambos, de 52, que se atopaba nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible, que se baralla como posible causa da intoxicación.

Fontes da investigación apuntan a que a vivenda podería ter sufrido un corte de electricidade, o que motivaría que os ocupantes empregasen o xerador.

No operativo participaron efectivos do GES da localidade, axentes da Garda Civil e Bombeiros de Betanzos, así como persoal sanitario do 061 e integrantes do grupo de intervención psicolóxica en catástrofes, para atender os familiares dos falecidos.

DÚAS PERSOAS TRASLADADAS EN MALPICA

Dúas persoas de avanzada idade foron trasladadas ao Hospital da Coruña debido, igualmente, a unha intoxicación con monóxido de carbono na súa vivenda de Malpica.

Segundo informa o 112, os feitos sucederon no lugar da Seaia sobre as 14,25 horas deste domingo. Foi Urxencias Sanitarias-061 quen alertou do ocorrido á Central Integrada de Atención ás Emerxencias (CIAE). De acordo cos datos recollidos polo 112, a intoxicación por monóxido de carbono débese a un quentador en mal estado.

Tras recibir a alerta, os xestores do CIAE puxeron a situación en coñecemento dos bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso, da Garda Civil e de Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo8301

Y por último, mi sincero agradecimiento a los trabajadores de las brigadas de Unión Fenosa. Hablo completamente en serio, más no se les puede pedir. Otra cosa es que la empresa tenga al personal bajo mínimos: son buenos profesionales, pero no tienen el don de la ubicuidad.

1 anonimo9607

Aquí otro que ha sufrido el magnífico servicio de Naturgy, alias 'Unión Fenosa'. Pasan de coger el teléfono y cuando lo hacen te dicen que ya verán cuándo arreglan la avería: en pleno siglo XXI es mucho pedirles que nos den una estimación (12 horas, 14 horas ...) Tampoco te explican por qué las líneas de telefonía fija soportan el temporal, mientras que las eléctricas no. Eso sí, cuando se trata de cobrarte más 80 EUR / mes de factura, los abonados estamos obligados a una puntualidad extrema.