O Concello de Cambre denuncia falta de atención de Naturgy aos veciños afectados por cortes de electricidade

Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 23/12/2019 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O Concello de Cambre anunciou que pedirá explicacións a Naturgy "pola falta de atención mostrada pola empresa á hora de atender as múltiples incidencias na subministración eléctrica que xurdiron este fin de semana como consecuencia da chegada da borrasca Fabien".

Helicóptero de UDF, distribuidora eléctrica de Naturgy, para liquidar as incidencias do temporal
Helicóptero de UDF, distribuidora eléctrica de Naturgy, para liquidar as incidencias do temporal | Fonte: Naturgy.

O alcalde, Óscar García Patiño, asegura "non se atendían as chamadas dos veciños e veciñas de Cambre nin, nalgún momento, tampouco as do Concello".

Engade que esixirán que "en momentos de alerta, a empresa poña o suficiente persoal para dar as explicacións oportunas aos veciños e veciñas en canto a en que situación se atopan as incidencias".

"O que non pode ser é que en 24 horas non estean a dar solucións nin atendan as chamadas", argumenta o alcalde, que cifra en máis de 60 as incidencias atendidas polo Concello polos efectos da borrasca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta