Afundación entrega case 5.000 xoguetes para a rapazada sen recursos

Faino a través de Cáritas, Cruz Vermella e Aldeas Infantiles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

Abanca e a súa Obra Social, Afundación, entregaron este xoves un lote de 4.903 xoguetes a Cáritas, Cruz Vermella e Aldeas Infantiles para que estas organizacións poidan distribuílos entre as familias máis desfavorecidas da Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, León, Ponferrada e Oviedo.

Estes agasallos foron obtidos grazas ás accións solidarias postas en marcha polo banco e Afundación no marco da campaña 'A ilusión crece cando se comparte' para que a rapazada teña xoguetes novos en Reis.

Os xoguetes proceden das doazóns realizadas por empregados do banco e Afundación, clientes e outros cidadáns nos locais habilitados con este fin na Coruña, Vigo e Ourense, así como dunha compra adicional realizada por estas entidades para poder chegar con esta iniciativa solidaria a un maior número de localidades.

O banco tamén habilitou un número de conta solidario para que todas aquelas persoas que querían colaborar coa iniciativa e non tiñan preto un local no que entregar xoguetes puidesen facelo.

Cáritas encargarase de realizar a distribución destes xoguetes na Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Ourense; mentres que Cruz Vermella fará a repartición en Lugo, León, Ponferrada e Oviedo; e Aldeas Infantiles entregaraos aos fogares que máis o necesitan de Vigo.

O director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet (primeiro pola dereita), e a directora de zona Coruña OP de ABANCA, Mónica Buño (segunda pola esquerda), con representantes de Cáritas. ABANCA
O director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet (primeiro pola dereita), e a directora de zona Coruña OP de ABANCA, Mónica Buño (segunda pola esquerda), con representantes de Cáritas. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta