Convocan 11.700 prazas para a acreditación de competencias profesionais, a maior oferta de Educación

Os candidatos deben acreditar experiencia laboral ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o maior proceso de acreditación de competencias ata a data, con 11.700 prazas, o que supón un aumento do 6% respecto de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 13 de xaneiro ao 7 de febreiro. O proceso permitirá a acreditación de competencias do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Así, búscase axudar a unha mellor inserción laboral, ademais de facilitar a formación para a obtención dun título de FP.

O proceso de acreditación desenvólvese en tres fases: asesoramento, avaliación da competencia profesional e acreditación da mesma. A información do procedemento pódese consultar no Portal de FP.

Os candidatos deben acreditar experiencia laboral ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. Na convocatoria deste ano hai prazas en 18 familias profesionais e 38 ciclos, dos que cinco son novos: Aproveitamento e conservación do medio natural; xestión de vendas e espazos comerciais; estética integral e bens; estilismo e dirección de peiteado; e animacións 3D, xogos e contornos creativos.

Participantes nunha oposición no recinto feiral de Silleda.. XUNTA - Arquivo
Participantes nunha oposición no recinto feiral de Silleda.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta