Máis dunha vintena de concellos galegos soben o seu valor catastral en 2020

Esta medida só afecta a inmobles urbanos e adóptase nos termos que establece a Lei do Catastro Inmobiliario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Un total de 22 municipios galegos soben o seu valor catastral entre un 3% e un 5% en 2020 como consecuencia da actualización aprobada o venres polo Consello de Ministros e publicada este sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Este valor serve de base para aplicar o Imposto de Bens Inmobles (IBI), polo que o seu incremento carrexa un maior abono por parte dos cidadáns. Con todo, depende dos municipios neutralizar esta subida coa redución do tipo sobre a base impoñible.

De tal forma, os municipios coruñeses (3) que aumentan o seu valor catastral en 2020, segundo publica este sábado o BOE, son: A Coruña, Oleiros e Dumbría. Na provincia de Lugo hai catro: Lugo, Pol, Guntín e Cervo.

Pola súa banda, a provincia de Pontevedra é a que ten maior número de municipios con revalorización en Galicia (10): Vigo, A Guarda, Baiona, Marín, O Porriño, Poio, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Vilanova de Arousa. Finalmente, a listaxe de Ourense (5) é: A Gudiña, A Rúa, A Veiga, Celanova e O Barco de Valdeorras.

Segundo explica o BOE, a actualización do valor catastral que realiza o Ministerio de Facenda faise a petición dos propios concellos. Esta medida só afecta a inmobles urbanos e adóptase nos termos que establece a Lei do Catastro Inmobiliario e que esixe que exista unha solicitude previa municipal.

Finca de Fragaira, no catrastro municipal
Finca de Fragaira, no catrastro municipal | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta