O PPdeG propón "un prazo de dous meses" para elaborar o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero

Pide "responsabilidade" aos grupos da oposición para lograr "consensos" e "non facer paripés".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

A viceportavoz do PPdeG no Parlamento galego, Paula Prado, propuxo "un prazo de dous meses", contados desde o inicio do próximo período de sesións, para elaborar o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero, un documento cuxo "esqueleto" será o ditame da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e para os dereitos das mulleres, que se debaterá para a súa aprobación no primeiro pleno do próximo ano.

Así o expuxo nunha rolda de prensa na que Prado subliñou que se vive nestes momentos "un momento crucial na loita contra a violencia de xénero". Ademais, destacou o traballo feito na citada Comisión, ademais de destacar o "alto grao de consenso nun contexto moi complexo de enorme fragmentación política".

Do ditame elaborado, explicou que será "o primeiro paso para elaborar o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero, onde se incluirán medidas moi concretas, cun orzamento concreto e cuns prazos de consecución concretos". Deste Pacto, dixo tamén que ten que ser "realista e obxectivamente destinado a abordar a violencia de xénero desde unha perspectiva integral e transversal".

"Con actuacións concretas no ámbito da educación, da conciliación, do emprego, da atención ás vítimas con recursos suficientes no ámbito das prestacións económicas, de vivenda, de atención xurídica e psicolóxica, aos menores e ás súas familias", engadiu.

A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, en rolda de prensa sobre o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero. PPDEG
A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, en rolda de prensa sobre o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta