Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 17:55
Un condutor sen carné foi denunciado nos xulgados de Pontevedra despois de ser sorprendido cando trataba de eludir un control de tráfico intercambiando o asento co copiloto.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, os feitos producíronse o pasado sábado, 4 de decembro, nun control conxunto de alcol, drogas e velocidade, levado a cabo por axentes municipais e gardas civís do Subsector de Tráfico de Pontevedra.
Era a primeira vez que axentes de ambos os corpos realizaban controis de alcoholemias e drogas. Estes operativos especiais permiten duplicar o número de efectivos no mesmo control para poder comprobar a realidade da combinación de alcol ou drogas na condución de vehículos, explicaron.
Así, entre as 23,30 horas do sábado, ata as 1,30 horas, realizouse un control na rotonda Médico Ballina, que abarcou as cinco entradas e saídas da cidade, con 500 vehículos controlados.
En concreto, houbo catro positivos en alcol (todas denuncias administrativas), dúas en consumo de drogas e dúas por exceso de velocidade (radar).
Tamén resultou denunciado, neste caso ao xulgado, o citado condutor que, ao observar o control policial, parou antes co fin de cambiarse polo acompañante, manobra que foi detectada polos axentes e que saíron tras el. Posteriormente constatouse que esta persoa non tiña permiso de conducir por non obtelo nunca.
Entre as 2,45 e as 4,15 horas estableceuse un segundo control na rotonda da Avenida de Vigo e Josefina Arruti co resultado de 140 vehículos controlados con cero positivo en alcol, un en drogas e dúas por exceso velocidade (radar).
A previsión, dada a positiva experiencia, sinalaron fontes municipais, é que este tipo de controis de tráfico se repitan ao longo do ano 2020.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.