Redondela reabre ao baño a praia de Arealonga

Permanecera dous días pechada por detectarse a presenza da bacteria fecal E. Coli na auga.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/07/2025 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O Concello de Redondela reabriu ao baño a praia de Arealonga, situada na parroquia de Chapela, tres permanecer dous días pechada por detectarse a presenza da bacteria fecal E. Coli na auga. Nun comunicado, o goberno local informou de que no areal xa loce a bandeira verde, ao confirmarse o "bo estado" da auga, que xa é apta para o baño.

O Concello indicou que se solicitou á empresa Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento, un informe sobre as posibles incidencias na estación depuradora de Teis, en Vigo, ou na rede de Chapela, co obxectivo de pescudar os motivos desta contaminación.

Redondela (Pontevedra) reabre ao baño a praia de Arealonga tras detectar a presenza da bacteria E. Coli na auga.. CONCELLO DE REDONDELA
Redondela (Pontevedra) reabre ao baño a praia de Arealonga tras detectar a presenza da bacteria E. Coli na auga.. CONCELLO DE REDONDELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta