Tamén hai cortes do tráfico ferroviario entre Ourense e Monforte. A madrugada foi "moi complicada" en Galicia, con ventos de ata 166 km/h e decenas de accidentes.
  comenta   0
Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño de Chapela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, por dedicarse supostamente á distribución de estupefacientes polo miúdo nesta parroquia redondelana e tamén na área de Vigo.
A abrupta e súpeta marcha de Daniel Chapela do PPdeG causou sorpresa e indignación. Fontes da dirección popular non sabían "absolutamente nada" da súa decisión. O xa ex cargo non quixo falar con ninguén e facela pública "como recollen os estatutos". Quere seguir na política local en Bueu.
  comenta   1
Os seus familiares conseguiron contactar con el en dúas ocasións diferentes, dous días distintos.
A orografía galega é complicada e pode xogar aos nosos coches malas pasadas. Por que se de Santiago á Coruña ou a Vigo o tempo é o mesmo, de 1 hora, cara A Coruña os consumos de combustible son máis altos?
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa de Manuel M.B., alias 'Matanzas', e ratificou a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que o condenou a 14 anos de cárcere polo asasinato de Roberto C.P., o seu provedor de cocaína, na parroquia redondelana de Chapela, en xaneiro de 2021, en base ao veredicto de culpabilidade do tribunal de xurado.
Expresou a súa confianza en que traballadores e dirección "acheguen posturas" na negociación das condicións do expediente de regulación de emprego (ERE).
A empresa apuntou que o seu obxectivo é "adaptarse a unha contorna global desafiante e asegurar a sustentabilidade da empresa a longo prazo", e precisou que a regulación "afecta a menos dun centenar de traballadores, dos máis de 10.000 que integran a multinacional", aínda que non concretou a cifra exacta.
Adif Alta Velocidade lanzou a licitación, por 14,2 millóns de euros, a redacción do proxecto construtivo, a execución das obras, as probas e a posta en servizo da adecuación das instalacións de seguridade do tramo ferroviario entre a estación de Vigo Guixar e Redondela, no que se despregará a electrificación a 25 quilowatts e renovarase a súa infraestrutura e vía.