Temas: MúSICA

A banda ourensá folk/lírica "Os Amigos dos Músicos" en TerraZeando

Adiantamos novas propostas musicais desta iniciativa de Desconcierto Cultural para a zona monumental compostelá.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 28/08/2012 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

TerraZeando, o ciclo de concertos en terrazas singulares de Santiago de Compostela que se está a desenvolver este verán, chega ao seu ecuador coa actuación da banda da cidade das burgas, Os Amigos dos Músicos, na popular terraza do Hotel Costa Vella. Tras as dúas primeiras entregas do ciclo, protagonizadas polas actuacións de Bandini no Afiador e de Trampoline en Porta Faxeira, este xoves contaremos cos Amigos dos Músicos, que coa súa coidada mestura de pop e folk conseguirán transportarnos a un mundo no que as harmonías vocais, os detalles nos arranxos e as delicadas melodías gobernan o rumbo do grupo.

TerraZeando
TerraZeando

O efecto embriagador e sedante da música da banda non pode encontrar mellor lugar para alcanzar o seu apoxeo que un dos espazos máis singulares e probablemente máis visitados de Compostela, a terraza do Hotel Costa Vella, un espazo no corazón da zona monumental da cidade.

Os Amigos dos Músicos

Xoves 30, 20:30 horas

Terraza do Hotel Costa Vella

Entrada libre

Os Amigos dos Músicos
Os Amigos dos Músicos

TerraZeando é unha iniciativa de Desconcierto Cultural, e contará cos concertos de Birds are Indie na terraza do restaurante Broa o próximo día 14 de setembro e co de Sonny & the Sunsets na terraza da Fundación Granell o 26 dese mesmo mes.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta