Moncloa confirma que Yolanda Díaz será ministra de Traballo

O Goberno ratifica os nomeamentos dos ministros de Podemos: Iglesias, Montero, Garzón, Díaz e Castells. O BNG pronunciouse sobre o seu novo cargo: "Tivemos ministros e un presidente galegos e iso non garantiu os intereses de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/01/2020 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A deputada de Galicia en Común por Pontevedra, Yolanda Díaz, será ministra de Traballo do Executivo de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos, segundo confirmou este xoves o Goberno, que ratificou os nomeamentos do resto dos ministros desta formación, que coinciden cos nomes que, de maneira extraoficial, se difundiron nos últimos días.

Así, o líder de Podemos, Pablo Iglesias, será vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030; Irene Montero, ministra de Igualdade; Alberto Garzón, ministro de Consumo; Yolanda Díaz, de Traballo; e Manuel Castells, de Universidades, confirmaron fontes de Moncloa.

Trátase da primeira confirmación oficial da estrutura do novo Executivo, cuxa composición total se comprometeu a anunciar o presidente, Pedro Sánchez, a semana próxima, para que ese mesmo venres ou mesmo antes poida ter lugar o primeiro Consello de Ministros do novo gabinete.

A deputada de Galicia en Común por Pontevedra, Yolanda Díaz, será ministra de Traballo.. Jesús Hellín - Europa Press
A deputada de Galicia en Común por Pontevedra, Yolanda Díaz, será ministra de Traballo.. Jesús Hellín - Europa Press | Fonte: Europa Press

A nova ministra de Traballo, nacida na localidade coruñesa de Fene en 1971, é licenciada en Dereito e ten un Máster en Recursos Humanos, outro en Relacións Laborais e outro en Urbanismo. Militante de Esqueda Unida e do PCE, Díaz foi deputada no Parlamento galego e concelleira de Ferrol entre os anos 2003 e 2011.

COMBATIVA PORTAVOZ DE EMPREGO NO CONGRESO

Díaz foi unha das caras máis visibles da coalición de esquerdas en materia de pensións, tanto nos debates parlamentarios no Congreso como nas manifestacións e mobilizacións fóra del.

A futura ministra de Traballo prestou sempre apoio ás concentracións convocadas pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións (COESPE), moi críticos co Pacto de Toledo e a celebración das súas reunións a porta pechada; unhas esixencias que tanto Díaz como Unidas Podemos secundaron, ao pedir "luz e taquígrafos" nestes debates.

De feito, a que será nova responsable de Traballo protagonizou un dos momentos máis polémicos da XII Lexislatura, cando moitos grupos políticos a sinalaron como responsable de "dinamitar" o Pacto de Toledo ao pouco de convocarse eleccións, desmarcándose de moitas máis das recomendacións previstas, o que precipitou a ruptura dunhas negociacións moi avanzadas cara a un acordo.

Díaz labrouse o seu perfil durante estes anos como unha firme defensora da rebaixa na idade de xubilación, a revalorización das pensións como mínimo conforme ao IPC e a reversión de todo recorte en materia laboral e de pensións aprobado por parte dos Gobernos de Mariano Rajoy, pero tamén por parte de Rodríguez Zapatero.

DEFENSA DA INDUSTRIA E IMPUTACIÓN NUNHA PROTESTA DE ALCOA

A nova ministra de Traballo tamén protagonizou boa parte dos debates industriais durante os últimos anos na Cámara Baixa, destacando aqueles relacionados con Alcoa. Precisamente, Díaz foi imputada pola súa participación nunha protesta fronte ao Congreso xunto a traballadores, investigación que finalmente foi arquivada tras denunciar Unidas Podemos á xuíza, que insistiu en imputala a ela e a outros compañeiros deputados a pesar da súa condición de aforada.

Díaz foi moi crítica co que considera unha falta de política industrial dos últimos gobernos, reclamando un papel máis activo do sector público para evitar as deslocalizacións, mellorar mecanismos de axuda como a interrumpibilidade, fomentar este sector e fiscalizar os prezos da enerxía.

O BNG, SOBRE O SEU NOMEAMENTO

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deixou claro que "o que garante" a defensa de Galicia no Estado é que o Bloque teña un escano, máis aló de que haxa ministros galegos no Goberno central como Yolanda Díaz, que levará a carteira de Traballo.

"Neste país tivemos ministras e ministros galegos, un presidente de orixe galega, e creo que a conclusión que podemos sacar é que iso non garantiu a defensa dos intereses de Galicia, o que o garante é que teñamos un escano do BNG", afirmou.

A preguntas da prensa sobre o nomeamento confirmado este xoves por Moncloa de que Yolanda Díaz se encargará do Ministerio de Traballo, a líder do Bloque afirmou que "o que é decisivo" é o BNG, porque "está a pór sobre a mesa unha axenda galega" nesta lexislatura.

SÁNCHEZ REBAIXA O PESO DE UP

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, rebaixou o peso do líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, dentro do Executivo creando outro tres vicepresidencias que ocuparán, ademais, mulleres, dúas delas Carmen Calvo e a galega Nadia Calviño. Tal e como se deslizou nas últimas semanas, Calvo reterá a vicepresidencia política e Calviño asumirá a vicepresidencia económica, segundo confirman fontes do Goberno a Europa Press.

Falta por coñecer quen dirixirá esa cuarta vicepresidencia que, do mesmo xeito que o resto, enfocarase nunha das "transformacións que necesita" España, segundo indicou o Executivo, que desde a chegada de Sánchez ao Palacio da Moncloa puxo especial énfase na transición ecolóxica para cambiar o modelo produtivo cara a un máis sustentable co medio ambiente, área que neste momento asume Teresa Ribera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Orduño

Xente que lle chama trepa a Yolanda pero non llo chama á Pontona. O mundo ao revés.

1 Amancio

Home todo o mundo sabe que Pontón nunca traballou na vida de nada fora da política. Mais se estivese aí polo diñeiro estaba no PSOE, non no BNG a comer os mocos.

5 Alpinista

Hai que recoñecer que sabe trepar. É toda unha experta! E se lle sae mal, postos no famoseo, pode ir a Supervivientes (como Cifuentes e Monedero). En fin, non desesperemos, lembrar que Pepiño Blanco foi ministro principal de Zapatero!

4 Breijar

Estou disfrutando moitísimo vendo aos blocallos hiperventilar, chorar, patalexar e rabiar. XDDDDDDDD Só por iso xa vale a pena, non ría tanto desde Amio. XDDDDDDDD

3 ouhhhhhhh.....yes!!!!

O fixeron dous veces... pois na primeria explicación, ninguen no seu san xuizo daba creto a afirmación de ministra de calisquer cousa do gobernó e do chamado "ministerix"... o da pescadilla non poido ser ... MADRID NON TEN MAR NIN MAREA!!!! ... Agora soamente queda transferir as competencias das autonomías o estado central, asi podemos ver a "randon" do despacho traballando e moi duramente

2 Xian do Sil

Las tiendas de ropa de Madrid notarán positivamente su nombramiento. Para que luego digan que una comunista sin oficio no puede fomentar algún sector privado aparte de su boyante economía personal.