Temas: GALEGO FECYT CSIC

Descarga o Calendario Científico Escolar 2020 do CSIC en lingua galega

Tamén se deseñou en castelán, vasco, catalán e asturiano.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/01/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O Instituto de Ganadería de Montaña do CSIC (IGM) e a Universidad de León publicaron un calendario científico escolar para 2020. O calendario e a guía didáctica foron deseñados en castelán, galego, vasco, catalán e asturiano.

Calendario Científico Escolar 2020
Calendario Científico Escolar 2020 | Fonte: CSIC.

Dirixido ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria, este calendario inclúe cada día un aniversario relacionado coa ciencia ou a tecnoloxía. O calendario compleméntase cunha guía didáctica que inclúe consellos para o aproveitamento educativo transversal do calendario na aula así como actividades adaptadas a cada rango de idade.

Trátase dun proxecto do IGM que conta con financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), adscrita ao Ministerio de Ciencia, Universidades e Innovación.

A iniciativa, xurdida a partir dunha proposta da asociación Europa Laica, conta tamén coa colaboración de numerosas entidades, entre elas, a Universidade da Coruña e Museos Científicos Coruñeses.

DESCARGA O CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR 2020 (PDF).

Temas: GALEGO FECYT CSIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta