Dez cousas que debes saber de Yolanda Díaz

Quen é que fixo a ex avogada laboralista galega que será a nova Ministra de Traballo?.

Por Raúl Novoa | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A ferrolá estivo sempre ligada ás loitas da clase obreira. Tivo un papel moi destacado nas negociacións co PSOE e na implantación do SMI de 900 euros. Como nova ministra de Traballo -sen competencias de Seguridade Social- espérase dela a derrogación da reforma laboral do PP, garantir dereitos laborais e unha vida digna para os traballadores e, nas súas palabras, "combater a precariedade, que debe ser obxectivo principal do Estado". Así, no Estado, cunha temporalidade disparada, aínda hai máis de 3 millóns de desempregados. 

Yolanda Díaz.
Yolanda Díaz.

Ata hai pouco, temas como as pensións ou a 'mochila austríaca', distanciaron á ferrolá da coruñesa Nadia Calviño, ministra de Economía. Agora, as dúas terán que poñerse de acordo nun punto no que o PSOE e Unidas Podemos mantiveron diferencias.

  1. Yolanda Díaz Pérez naceu en Fene, na Coruña no 1971. Viviu a súa infancia no barrio obreiro de San Valentín. Licenciouse en Dereito pola USC. Ten másteres en Recursos Humanos, Relaciones Laborales e en Urbanismo.
  2. Procede dunha familia arraigada á loita obreira e tradición comunista. É filla de Suso Díaz, ex secretario de CC.OO en Galicia, tamén é sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex deputado da Xunta polo BNG.
  3. Traballou en Ferrol coma avogada laboralista e en defensa de mulleres maltratadas. Colexiouse en 1998 e abriu o seu propio despacho.
  4. Foi a coordinadora de Esquera Unida e militou no Partido Comunista en Galicia. Entre 2005 e 2017. Relevouna Eva Solla.
  5. Traballou de concelleira, tenente a alcalde en Ferrol e deputada na Cámara galega e no Congreso dos Deputados. Antes do Congreso do goberno español, sempre foi con EU ou AGE. Despois, foi grazas á confluencia de partidos políticos de esquerdas de En Marea e despois na coalición En Común-Unidas Podemos. Yolanda Díaz é unha firme defensora das coalicións de esquerdas.
  6. Na Cámara Baixa ocupou o posto de voceira de diversas comisións. Coma Traballo, Economía, Industria ou a Comisión Investigación da crisis financiera en España.
  7. Non aceptou o acordo das pensións do Pacto de Toledo co PSOE. Pese a sorpresa doutras formacións políticas, en febreiro de 2019, Unidas Podemos desmarcouse do Pacto de Toledo. Díaz sinalou "non imos a estar nun pacto no que se quere recortar as pensións. Quen quera estar que estea".
  8. Ten boa relación con Pablo Iglesias e Irene Montero desde fai anos. Xa en 2012, contratou ao novo vicepresidente español coma asesor para a campaña política de AGE para o Parlamento Galego, coalición na que estaba Anova, Equo e Esquerda Unida, e que foi a precursora de En Marea. "Eu era pablista antes de que existira o pablismo", dixo en varias entrevistas.
  9. Posicionouse en contra do criterio do seu partido, Izquierda Unida. Nun momento no que Izquierda Unida non quería formar parte do Goberno de Sánchez, ela, igual que Pablo Iglesias, apostou pola necesidade de estar presentes no Consello de Ministros.
  10. Estivo sempre ligada e presente nas mobilizacións das rúas. Tanto no pasado coa defensa dos dereitos laborais, coma na actualidade posicionándose a favor das 'kellys', en defensa do sector naval ou denunciando as empresas coma Glovo ou Deliveroo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 yolanditis

3 Non o digades todo

Sobre todo non saibades o do asesor que tiña pornografía pedófila, e cuxos denunciantes expulsou de IU.

1 Sentidiño

Esta aquí: Unha bomba na Moncloa - http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 DangerousYoli

Falade tamén de: Exmilitantes de IU dicen que se les purgó por denunciar porno infantil en su sede https://www.lavozdegalicia.es/notic...

1 Isidro

Colexiouse no 1998 e no 2003 xa estaba cunha dedicación exclusiva no Concello de Ferrol. Por que non lle preguntades, por exemplo, por un xuizo por despedimento no Ximnasio Cano ?

1 yolanditis

Podes poñer algún enlace?