Por Raúl Novoa | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 21:00
A ferrolá estivo sempre ligada ás loitas da clase obreira. Tivo un papel moi destacado nas negociacións co PSOE e na implantación do SMI de 900 euros. Como nova ministra de Traballo -sen competencias de Seguridade Social- espérase dela a derrogación da reforma laboral do PP, garantir dereitos laborais e unha vida digna para os traballadores e, nas súas palabras, "combater a precariedade, que debe ser obxectivo principal do Estado". Así, no Estado, cunha temporalidade disparada, aínda hai máis de 3 millóns de desempregados.
Ata hai pouco, temas como as pensións ou a 'mochila austríaca', distanciaron á ferrolá da coruñesa Nadia Calviño, ministra de Economía. Agora, as dúas terán que poñerse de acordo nun punto no que o PSOE e Unidas Podemos mantiveron diferencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.