O PPdeG acepta as transferencias que se xestionen "mellor" desde Galicia, pero rexeita "baleirar de competencias" o Estado

Din que non comparten a "filosofía" do BNG de concibir os traspasos de forma "unilateral".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, esgrimiu que os populares son partidarios de que se transfiran a Galicia aquelas competencias que poidan ser "mellor xestionadas" desde a Xunta, pero non comparten a "filosofía" do BNG de concibir os traspasos de forma "unilateral" e "baleirar de competencias o Estado".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy | Fonte: Europa Press

En todo caso e, tras remarcar que analizar os traspasos de competencias corresponden a Xunta e Goberno central, recoñeceu que "hai marxe para recibir algunha competencia". "É algo que teñen que acordar as administracións e pasar da formulación aos feitos", esgrimiu.

"Aceptaremos todas as transferencias que sexan xestionadas mellor desde Galicia que desde o Estado", garantiu, pero insistiu en que é preciso "facer as cousas con máxima responsabilidade" e rexeitou "baleirar de competencias" o Estado.

Como exemplo, rememorou a xestión do 'Prestige' —coa participación de medios internacionais— e incidiu en que os populares consideran que ter "a totalidade" das competencias de Salvamento Marítimo sería "prexudicial" de volver enfrontarse a unha catástrofe deste tipo.

De feito, tras mencionar a AP-9 e lembrar que nas Cortes xa hai unha lei para avanzar no traspaso que conta coa "unanimidade" do Parlamento galego, polo que se poderían ir dando pasos, advertiu que o BNG "está a ir para atrás noutras cuestións".

"Xa non falan de tarifa eléctrica galega, senón de facer un estudo, hai unha cesión", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta