Verín recolle o premio ao mellor entroido no concurso de Gadis

A acción promocional da cadea de supermercados GADISA premiaba aos mellores entroidos de Galicia segundo a opinión do público que participou durante semanas emitindo os seus votos de forma telemática.

Por X.M. Fernández | Verín | 15/01/2020 | Actualizada ás 08:52

Comparte esta noticia

Verín foi o Concello gañador gañador do concurso "O meu entroido é o mellor!", certame que pretendía poñer en valor e difundir a riqueza cultural das diferentes manifestacións entroideiras de Galicia. Acadou 13.993 votos e obtén así un premio en metálico de 30.000 euros que axudarán á organización do entroido deste ano.

Entrega do premio. Fonte: Prensa Concello de Verín
Entrega do premio. Fonte: Prensa Concello de Verín

En representación de Gadisa entregaban o premio Melisa Pagliaro, Directora de Marketing e Antonio Cortés, Director de RSC, mentres que pola parte do Concello de Verín recibían o primeiro premio o alcalde, Gerardo Seoane; Diego Lourenzo, tenente de alcalde, e Emilia Somoza, concelleira Educación, Cultura e Festexos.

Por detrás de Verín quedaron o Concello de Foz, con 11.587 votos, e o Concello de Xinzo con 468. Levarán 5.000 euros de premio cada un deles.

Desde o Concello de Verín quixeron agradecer a Gadis a importante labor realizada con esta nova acción promocional en termos de visibilización e promoción dos Entroidos Galegos, así como a implicación de todas as persoas que lles votaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta