Temas: RURAL

Constituída a Rede Galega por un Rural Vivo, que critica os proxectos "abusivos" de parques eólicos

Plataformas e colectivos veciñais de 16 concellos buscan unir forzas e traballar por un marco legal "xusto" para que o rural galego "non desfaleza".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

Plataformas e colectivos veciñais de 16 concellos reuníronse a pasada semana en Santiago de Compostela para constituír a Rede Galega por un Rural Vivo, coa que buscan unir forzas e traballar por un marco legal "xusto" para que o rural galego "non desfaleza".

Peza dun aeroxerador do parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo (Lugo)
Peza dun aeroxerador do parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo (Lugo) | Fonte: Europa Press

Entre os obxectivos comúns das entidades que conforman a Rede atópase a cuestión dos proxectos eólicos "abusivos" cos que se usa o rural galego como "parque industrial" con "graves consecuencias" para o patrimonio natural e a actividade económica das comarcas.

Un modelo produtivo, denuncian, que "empobrece" estas localidades e xera enerxía que se transporta "centos de quilómetros para o seu consumo", convertendo Galicia nun "territorio de sacrificio".

Os colectivos "non están en contra da enerxía renovable", matizan, senón dun sistema produtivo que "concentra" esta actividade nunha comunidade específica e xeran perdas de superficie agraria e forestal, entre outras.

Temas: RURAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta