Temas: RESCATE MUROS

Un condutor desorientado ao seguir o GPS en Muros é localizado polo envío das súas coordenadas desde o móbil

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Un condutor desorientado en Muros ao seguir a ruta marcada polo seu GPS foi localizado grazas ao envío das coordenadas a través do seu teléfono móbil.

Smartphone.
Smartphone.

O particular deu a alerta sobre as 11,30 horas deste luns ao perderse por un camiño de pedras mentres conducía, á vez que indicaba que non era capaz de seguir adiante debido ás condicións adversas da vía.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron ao condutor o seu envío de coordenadas a través do Whatsapp. Tras iso, foron avisados membros do GES de Muros, axentes da Garda Civil e Policía Local.

Finalmente, os equipos de emerxencia conseguiron localizar esta persoa nun camiño da parroquia de Santa Mariña de Esteiro, en Muros, e axudar a sacar o vehículo para que puidese proseguir o seu camiño.

Temas: RESCATE MUROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta