O vento chega aos 113,7 km/h en Lousame

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

O vento alcanzou os 113,7 quilómetros por hora no municipio de Lousame (A Coruña), no monte Muralla, ás 18,00 horas deste luns de alerta laranxa por fortes ventos.

Temporal
Temporal | Fonte: © Miguel Núñez

Segundo información de Meteogalicia, o vento pasou dos 100 quilómetros por hora noutras tres municipios nesta xornada: Cedeira (113 kms/h), Cuntis (105,4 kms/h) e Malpica de Bergantiños (101,3 kms/h).

Pola súa banda, outros municipios como Viveiro, Portomarín ou Santiago rexistraron refachos de vento de nordeste próximas aos 100 quilómetros por hora.

Todo iso, nunha xornada na que a sensación térmica estivo "moi por baixo" do que marcan os termómetros, segundo explica Meteogalicia. A modo de exemplo, aínda que a mínima en Cervantes (Lugo) tivo unha temperatura de -1 graos a sensación térmica foi de -9 graos.

Pola súa banda, as provincias da Coruña e Lugo, así como boa parte das de Ourense e Pontevedra, estarán na xornada do martes en aviso amarelo por fortes ventos de máis de 80 quilómetros por hora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta