Compostela Aberta propón un convenio "estable" para "potenciar" o valor económico da USC

Aposta por promover iniciativas empresariais innovadoras, así como po "impulsar" o proxecto de Xardín Botánico de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

O Portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega presentou este martes unha proposta para impulsar a creación dunha comisión de colaboración entre o concello e a universidade que "conte co respaldo institucional de todos os grupos municipais" e sirva para "potenciar" o valor económico da USC dentro da cidade.

Noriega explicou que se trata dunha proposta que busca "reforzar" e "dar amparo" nos próximos anos a "unha serie de avances" e "a un convenio caducado" entre o anterior goberno municipal e a propia universidade.

Desta forma, indicou que os obxectivos principais da comisión pasan por "humanizar o campus", buscar un "encaixe urbanístico" do mesmo dentro da cidade e "aproveitar o coñecemento que xera a universidade para proxectos estratéxicos como o pacto para a reindustrialización".

OUTROS PROXECTOS

Así mesmo, falou de "potenciar" a sociedade 'Uninova' para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras, promovida pola USC e o concello, así como de "impulsar" o proxecto de Xardín Botánico de Santiago, para o que, engadiu, "está a crearse unha comisión entre o concello, a universidade, a Xunta e entidades" da cidade.

O "aproveitamento" das infraestruturas do campus para a súa utilización por parte de toda a cidade e para "o beneficio do deporte federado", que se iniciou no anterior mandato, segundo Noriega, é outra das liñas que se inclúen na comisión.

Para todo iso, indicou que existen fondos europeos captados no anterior mandato do programa europeo Edusi (Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) do que se destinaron preto de 200.000 euros a actuacións no campus sur universitario.

XACOBEO 2021

Por outra banda, o portavoz de CA valorou o documento sobre accións urxentes de cara ao Xacobeo 2021 presentado este luns polo alcalde de Compostela como "unha boa liña de traballo" pero "inviable" para o próximo ano xa que "nin sequera hai unha cuantificación económica nin fondos consignados nos orzamentos".

No entanto, apuntou que "entende que este tipo de actuacións non lle compete unicamente ao concello" xa que as accións realizadas con motivo dos diferentes Xacobeos "sempre contaron co apoio económico doutras institucións como o Consorcio ou o Goberno Central".

Con respecto á recente proposta do PP santiagués de rescatar as concesións de aparcadoiro, o portavoz cualificouna de "oportunista" e indicou que o seu grupo aposta por "impulsar un estacionamento no campus sur cun modelo diferente ao concesional" polos "prezos abusivos" que, segundo o portavoz, leva.

Consello de Goberno da USC
Consello de Goberno da USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta