Localizan flotando no río Lérez o corpo dunha muller desaparecida desde o mércores

Polo momento, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias localizaron este venres un cadáver flotando no río Lérez, que se corresponde cunha muller que desaparecera o pasado mércores en Pontevedra.

Río Lérez.
Río Lérez.

Polo momento, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso, aínda que están á espera dos resultados da autopsia. A pesar diso, non presentaba signos de violencia.

O corpo foi achado á altura de Monteporreiro. Efectivos de Bombeiros acudiron esta mañá requiridos pola Policía Nacional, cos seus medios acuáticos, para tentar rescatar o cadáver.

En concreto, trátase dunha muller que faltaba do seu domicilio desde había dous días, cando un familiar denunciou a súa desaparición.

O CAE 112 puxo en marcha un operativo de procura, coordinado pola Policía Nacional, no que colaboraron, ademais, os axentes da Policía Local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta